Blog de Iniciativas Empresariais 4ºESO- Colexio Padre Feijoó-Zorelle

lunes, 8 de junio de 2020

Rematamos!!


Bos días a todos!🌞

Nesta semana, como vos comuniquei a semana pasada, non teredes ningún traballo adicional e adicarémola a repasar o que xa vimos, resolver as tarefas pendentes e aclarar as dúbidas que poidades ter.
Podedes contactar conmigo polas vías de sempre, mediante a nosa aula de Google Classroom ou empregando o correo electrónico.

Unha aperta enorme para todos e hoxe máis que nunca...

Bo traballo emprendedores!!!

Bea 😊

miércoles, 3 de junio de 2020

IIEE8_ Tarefa final de Repaso


Bos días a todos!!🌞🌞

Chegamos ao final diste tema e, tras esquematizar onte os contidos esenciais, imos a  repasar  as cuestións clave do mesmo coa realización deste cuestionario que vos preparei.

<iframe src="https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSePlMmKs5NmO3R3mIzggeBYfOE0tM5tH98FYf6JIgwb9HIbwg/viewform?embedded=true" width="640" height="9183" frameborder="0" marginheight="0" marginwidth="0">Cargando…</iframe>


Calquera dúbida xa sabedes que aquí estou,

Unha aperta enorme,
Bea.

martes, 2 de junio de 2020

IIEE8_ Consolidando o aprendido


Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a intentar por en claro todo o que vimos neste tema sobre os impostos e para iso propóñovos que completes o seguinte esquema e a factura que vos adxunto. 

Unha vez o teñades podedes enviarme unha fotografía ao meu correo electrónico ou subilo no espazo privado desta tarefa en Google Classroom.




Nada máis por hoxe!

Unha aperta,
Bea


lunes, 1 de junio de 2020

IIEE8_ Outros impostos



Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a ver outros tipos de impostos que se poden ter que pagar dende unha empresa. Para ímoslle botar unha ollada á seguinte táboa:

Fonte imaxe: Santillana
Como vedes, ademáis do IVE ou o IRPF teremos que facer fronte a estos outros impostos. Algúns como o IBI ou o VTM pagarémolos unha vez ao ano e outros como o ITP e o AXD, só cando se den as situacións gravadas.

Coñeciadelos?

Nada máis por hoxe! Dádelle un repasiño a todo o que vimos porque mañá e pasado faremos dúas tarefas de repaso e consolidación das aprendizaxes deste tema.

Unha aperta grande,
Bea.