Nesta semana, como vos comuniquei a semana pasada, non teredes ningún traballo adicional e adicarémola a repasar o que xa vimos, resolver as tarefas pendentes e aclarar as dúbidas que poidades ter.
Podedes contactar conmigo polas vías de sempre, mediante a nosa aula de Google Classroom ou empregando o correo electrónico.
Unha aperta enorme para todos e hoxe máis que nunca...
Chegamos ao final diste tema e, tras esquematizar onte os contidos esenciais, imos a repasar as cuestións clave do mesmo coa realización deste cuestionario que vos preparei.
Hoxe imos a intentar por en claro todo o que vimos neste tema sobre os impostos e para iso propóñovos que completes o seguinte esquema e a factura que vos adxunto.
Unha vez o teñades podedes enviarme unha fotografía ao meu correo electrónico ou subilo no espazo privado desta tarefa en Google Classroom.
Hoxe imos a ver outros tipos de impostos que se poden ter que pagar dende unha empresa. Para ímoslle botar unha ollada á seguinte táboa:
Fonte imaxe: Santillana
Como vedes, ademáis do IVE ou o IRPF teremos que facer fronte a estos outros impostos. Algúns como o IBI ou o VTM pagarémolos unha vez ao ano e outros como o ITP e o AXD, só cando se den as situacións gravadas. Coñeciadelos? Nada máis por hoxe! Dádelle un repasiño a todo o que vimos porque mañá e pasado faremos dúas tarefas de repaso e consolidación das aprendizaxes deste tema. Unha aperta grande, Bea.
Hoxe imos a falar do Imposto de Sociedades ou IS. Este imposto sonaravos de que falaramos del cando estudamos os diferentes tipos de empresa.
Como sabedes o IS é o imposto directo que pagan as Sociedades Mercantiles (SL, SA, etc.) e que grava as súas rentas. O normal é pagalo anualmente pero pode pagarse trimestralmente. O IS varía dependendo dos beneficios que tivo a empresa o ano anterior. Vémolo neste vídeo:
No voso libro tedes ademáis un cadriño que resume perfectamente os diferentes tipos impositivos do IS e cando aplica cada un.
Imos agora coa tarefa que vos propoño:
a) Cal é o tipo impositivo aplicable para un emprendedor que quere crear unha nova empresa no seu primeiro ano de negocio? Que requisito debe cumprir?
b) Que tipo impositivo se lle aplica a unha fundación ou asociación declarada de interés público?
c) E a unha empresa que ten de base impoñible 80.000 euros?
Cando teñades as respostas enviademas no espazo privado desta tarefa en Google Classroom ou ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com
Hoxe imos a falar sobre outro tipo de impostos do que xa oístedes falar noutros temas: o Imposto sobre a Renta das Personas Físicas ou IRPF.
Para comezar imos a ver este divertido vídeo onde nos fala sobre o que é o IRPF (e a declaración da renda):
Como vemos, o IRPF é un imposto directo e personal que grava os ingresos obtidos durante un ano natural. Este imposto pagámolo todos nos supostos que vemos no vídeo e tamén declaran así as súas ganancias os AUTÓNOMOS.
O IRPF ten carácter anual e progresivo, é dicir, canto máis gañas máis pagas. No caso dos autónomos, a cantidade que pagan depende do TIPO DE RÉXIME ao que se acollan:
- Estimación Obxectiva: esta vía só vale para algunhas actividades e, como norma xeral, non se poden superar os 300.000 euros no ano anterior.
- Estimación directa: canto máis ingreses, máis pagas. Existen algunhas bonificacións (que desgravan) para esta modalidade.
Nada máis por hoxe. Só unha preguntiña que require da vosa solución:
Que modalidade de IRPF sería a máis axeitada se queremos pagar en función dos ingresos que temos? Argumenta a túa resposta.
Cando teñas a resposta envíama ao meu correo electrónico ou no espazo privado da tarefa en Google Classroom.
Bos días a todos!!🌞🌞 Hoxe comezamos un novo tema. Iste será o último tema que imos a traballar e nel afondaremos nos diferentes tipos de impostos que temos que pagar como emprendedores. Primeiramente temos que ver que é un imposto (aínda que estou segura que vós xa o sabedes!). Imos a deixalo claro con iste vídeo:
Como vemos no vídeo, hai impostos directos e indirectos e sobre iles imos a traballar esta semana.
Imos comezar vendo que é o Imposto de Actividades Económicas, do que xa falamos nos temas anteriores:
Como vedes, se a empresa cifra menos de 1.000.000 de euros o ano está exento do mesmo.
Imos agora ver que é o IVE, ou Imposto sobre Valor Engadido (IVA en castelán):
Ben, como afecta o IVE aos emprendedores?
No video explícanos moi ben como afecta a un autónomo, por exemplo a un panadeiro e vemos como, ademáis, a empresa ten que pagar ao Estado o importe correspondente ao IVE dos produtos ou servizos que venda.
Este pago pode facerse mensual ou trimestralmente (os famosos trimestres).
Como se calcula o IVE?
Para calcular o IVE dun produto temos que ter en conta a Base Impoñible e o tipo de IVE que lle aplica. Vemos iste vídeo cos diferentes tipos de IVE en España:
Ben, imos agora coa primeira tarefa deste tema:
a) Primeiro tendes que enviarme ao meu correo electrónico ou mediante o espazo destinado a mensaxes da aula de Google Classroom un esquema dos diferentes tipos de IVE que temos en España con algún exemplo dos produtos aos que afecta.
b) Imos a calcular o importe total a pagar dunha bicicleta na que a base impoñible é de 450 euros. Que tipo de IVE se lle aplica? a canto ascende o total a pagar (IVE incluido)?
Enviademe a resposta no espazo privado da tarefa en Google Classroom ou ao meu correo electrónico!