Blog de Iniciativas Empresariais 4ºESO- Colexio Padre Feijoó-Zorelle

lunes, 8 de junio de 2020

Rematamos!!


Bos días a todos!🌞

Nesta semana, como vos comuniquei a semana pasada, non teredes ningún traballo adicional e adicarémola a repasar o que xa vimos, resolver as tarefas pendentes e aclarar as dúbidas que poidades ter.
Podedes contactar conmigo polas vías de sempre, mediante a nosa aula de Google Classroom ou empregando o correo electrónico.

Unha aperta enorme para todos e hoxe máis que nunca...

Bo traballo emprendedores!!!

Bea 😊

miércoles, 3 de junio de 2020

IIEE8_ Tarefa final de Repaso


Bos días a todos!!🌞🌞

Chegamos ao final diste tema e, tras esquematizar onte os contidos esenciais, imos a  repasar  as cuestións clave do mesmo coa realización deste cuestionario que vos preparei.

<iframe src="https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSePlMmKs5NmO3R3mIzggeBYfOE0tM5tH98FYf6JIgwb9HIbwg/viewform?embedded=true" width="640" height="9183" frameborder="0" marginheight="0" marginwidth="0">Cargando…</iframe>


Calquera dúbida xa sabedes que aquí estou,

Unha aperta enorme,
Bea.

martes, 2 de junio de 2020

IIEE8_ Consolidando o aprendido


Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a intentar por en claro todo o que vimos neste tema sobre os impostos e para iso propóñovos que completes o seguinte esquema e a factura que vos adxunto. 

Unha vez o teñades podedes enviarme unha fotografía ao meu correo electrónico ou subilo no espazo privado desta tarefa en Google Classroom.




Nada máis por hoxe!

Unha aperta,
Bea


lunes, 1 de junio de 2020

IIEE8_ Outros impostos



Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a ver outros tipos de impostos que se poden ter que pagar dende unha empresa. Para ímoslle botar unha ollada á seguinte táboa:

Fonte imaxe: Santillana
Como vedes, ademáis do IVE ou o IRPF teremos que facer fronte a estos outros impostos. Algúns como o IBI ou o VTM pagarémolos unha vez ao ano e outros como o ITP e o AXD, só cando se den as situacións gravadas.

Coñeciadelos?

Nada máis por hoxe! Dádelle un repasiño a todo o que vimos porque mañá e pasado faremos dúas tarefas de repaso e consolidación das aprendizaxes deste tema.

Unha aperta grande,
Bea.

miércoles, 27 de mayo de 2020

IIEE8_ O Imposto de Sociedade (IS)


Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a falar do Imposto de Sociedades ou IS. Este imposto sonaravos de que falaramos del cando estudamos os diferentes tipos de empresa.
Como sabedes o IS é o imposto directo que pagan as Sociedades Mercantiles (SL, SA, etc.) e que grava as súas rentas. O normal é pagalo anualmente pero pode pagarse trimestralmente. O IS varía dependendo dos beneficios que tivo a empresa o ano anterior. Vémolo neste vídeo:


No voso libro tedes ademáis un cadriño que resume perfectamente os diferentes tipos impositivos do IS e cando aplica cada un.

Imos agora coa tarefa que vos propoño:

a) Cal é o tipo impositivo aplicable para un emprendedor que quere crear unha nova empresa no seu primeiro ano de negocio? Que requisito debe cumprir?

b) Que tipo impositivo se lle aplica a unha fundación ou asociación declarada de interés público?

c) E a unha empresa que ten de base impoñible 80.000 euros?

Cando teñades as respostas enviademas no espazo privado desta tarefa en Google Classroom ou ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com

Nada máis por hoxe!

Unha aperta!

martes, 26 de mayo de 2020

IIEE8_ O IRPF


🌞 Bos días a todos!!🌞


Hoxe imos a falar sobre outro tipo de impostos do que xa oístedes falar noutros temas: o Imposto sobre a Renta das Personas Físicas ou IRPF.

Para comezar imos a ver este divertido vídeo onde nos fala sobre o que é o IRPF (e a declaración da renda):


Como vemos, o IRPF é un imposto directo e personal que grava os ingresos obtidos durante un ano natural. Este imposto pagámolo todos nos supostos que vemos no vídeo e tamén declaran así as súas ganancias os AUTÓNOMOS.

O IRPF ten carácter anual e progresivo, é dicir, canto máis gañas máis pagas. No caso dos autónomos, a cantidade que pagan depende do TIPO DE RÉXIME ao que se acollan:

- Estimación Obxectiva: esta vía só vale para algunhas actividades e, como norma xeral, non se poden superar os 300.000 euros no ano anterior.

- Estimación directa: canto máis ingreses, máis pagas. Existen algunhas bonificacións (que desgravan) para esta modalidade.

Nada máis por hoxe. Só unha preguntiña que require da vosa solución:

Que modalidade de IRPF sería a máis axeitada se queremos pagar en función dos ingresos que temos? Argumenta a túa resposta.

Cando teñas a resposta envíama ao meu correo electrónico ou no espazo privado da tarefa en Google Classroom.

Nada máis por hoxe!

Unha aperta!
Bea


lunes, 25 de mayo de 2020

IIEE8_ Os impostos: O IAE e O IVE



Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe comezamos un novo tema. Iste será o último tema que imos a traballar e nel afondaremos nos diferentes tipos de impostos que temos que pagar como emprendedores.

Primeiramente temos que ver que é un imposto (aínda que estou segura que vós xa o sabedes!). Imos a deixalo claro con iste vídeo:


Como vemos no vídeo, hai impostos directos e indirectos e sobre iles imos a traballar esta semana.

Imos comezar vendo que é o Imposto de Actividades Económicas, do que xa falamos nos temas anteriores:



Como vedes, se a empresa cifra menos de 1.000.000 de euros o ano está exento do mesmo.

Imos agora ver que é o IVE, ou Imposto sobre Valor Engadido (IVA en castelán):


Ben, como afecta o IVE aos emprendedores?

No video explícanos moi ben como afecta a un autónomo, por exemplo a un panadeiro e vemos como, ademáis, a empresa ten que pagar ao Estado o importe correspondente ao IVE dos produtos ou servizos que venda. 
Este pago pode facerse mensual ou trimestralmente (os famosos trimestres). 

Como se calcula o IVE?

Para calcular o IVE dun produto temos que ter en conta a Base Impoñible e o tipo de IVE que lle aplica. Vemos iste vídeo cos diferentes tipos de IVE en España:


Ben, imos agora coa primeira tarefa deste tema:

a) Primeiro tendes que enviarme ao meu correo electrónico ou mediante o espazo destinado a mensaxes da aula de Google Classroom un esquema dos diferentes tipos de IVE que temos en España con algún exemplo dos produtos aos que afecta.
b) Imos a calcular o importe total a pagar dunha bicicleta na que a base impoñible é de 450 euros. Que tipo de IVE se lle aplica? a canto ascende o total a pagar (IVE incluido)?

Enviademe a resposta no espazo privado da tarefa en Google Classroom ou ao meu correo electrónico! 

Ánimo que xa queda pouquiño!

Unha aperta
Bea


miércoles, 20 de mayo de 2020

IIEE7_ Repaso gamificado


Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a afianzar un pouquiño máis os contidos e aprendizaxes que adquirimos neste tema, para iso, propóñovos dous pequenos xogos e que me envieedes as vosas puntuacións mediante Google Classroom (con unha foto da pantalla) ou ao meu email.
Imos alá:




Nada máis, 


Unha aperta enorme,
Bea.

martes, 19 de mayo de 2020

IIEE7_ Tarefa final de repaso



Bos días a todos!🌞

Hoxe imos a repasar os contidos que estudamos neste tema: a financiación da empresa.

Para iso imos a contestar este cuestionario con contidos de todo o tema.


<iframe src="https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScIv5HAyF4GYQGsEkefRqHTHoghdtpDnZNGcR937LWXzKVsiQ/viewform?embedded=true" width="640" height="7108" frameborder="0" marginheight="0" marginwidth="0">Cargando…</iframe>

Ata aquí por hoxe!

Unha aperta,
Bea.

lunes, 18 de mayo de 2020

IIEE7_ Financiación para emprendedores



Bos días a todos!🌞

Seguimos co tema 7, a financiación da empresa, e hoxe imos a ver que outros tipos de financiación para emprendedores existen.

Para iso imos a ver a diferenza que existe entre o crowdfunding (que seguro xa vos sona de diferentes campañas lanzadas a través de Internet), o playfunding, o crowdlending, crowdsourcing e o bussiness angel. Imos a ver uns pequenos vídeos que explican moi ben o que é cada cousa pero podedes empregar tamén o libro nas páxinas 106-107 se tedes algunha dúbida.

Neste primeiro video vemos a diferencia entre crowdfunding e o crowdlending nun minuto:



Neste video podemos ver que é o playfuding cun exemplo moi ilustrativo (en só un minuto):


Imos agora co crowdsourcing:


E por último o bussiness angel:



Unha vez que entendemos a diferenza entre estos tipos de financiación imos a resolver o seguinte cuestionario con só sete preguntiñas:


Ata aquí por hoxe,

Unha aperta,
Bea🌈



miércoles, 13 de mayo de 2020

IIEE_ Créditos e préstamos


Bos días a todos!!!

Hoxe imos a ver a diferencia entre un crédito e un préstamo. Para iso, primeiro imos a ver uns videos explicativos e/ou a información que vos deixo no enlace e logo resolver a tarefa que vos propoño.


 Dentro vídeos!





Aquí  o cuestionario:


Unha aperta!!
Bea



martes, 12 de mayo de 2020

IIEE7_As contas á vista remuneradas


Bos días a todos!!!👋😄

Hoxe imos a ver qué son as contas á vista remuneradas. No seguinte enderezo web podedes ver unha descripción do que é este tipo de producto e, a continuación, temos un vídeo que nos explica máis visualmente o que é.





Imos agora coa tarefa deste tema!

Nesta ocasión só temos que contestar a seguinte pregunta e mandar a resposta a profe por email (b.nieto.ou@gmail.com):

Imaxina que tes que escoller entre un depósito a plazo fixo e unha conta á vista remunerada. 
Cal é a principal diferencia?

Nada máis por hoxe!
Unha aperta :)



lunes, 11 de mayo de 2020

IIEE7_Os produtos de aforro básico.



Bos días a todos!!!👋😄

Esta semana imos a falar dos diferentes produtos de aforro básicos que existen.

Comenzamos hoxe polos depósitos a plazo ou imposicións a plazo fixo. Para comenzar imos a ver uns pequenos vídeos onde nos explican conceptos clave sobre esta modalidade de aforro/ inversión e, a seguir, resolveremos o exercicio proposto.







Imos agora coa primeira tarefa desta semana:


Unha aperta a todos!!

Bea


viernes, 8 de mayo de 2020

A evolución de Europa ao longo da historia: vídeo


Bos días a todos!!👋

Queredes ver como evolucionou Europa ao longo dos séculos ata formar a Unión Europea e a configuración territorial que temos hoxe en día?

Pois no te perdas este vídeo tan chulo!



miércoles, 6 de mayo de 2020

IIEE7_ Tipos de financiación: financiación allea




Bos días a todos!!🌞

Imos agora coa financiación allea: préstamos, créditos, contratos financieiros e axudas ou subvencións.

Primeiro imos a visualizar estos videos:





E agora imos a resolver a tarefa proposta!


Estades a facelo xenial!

Seguide así!

Bea🌈


martes, 5 de mayo de 2020

IIEE7_ Os tipos de financiación: a financiación propia



🌞 Bos días a todos!!🌞

Hoxe avanzamos un pouquiño no temario, vendo qué son os  recursos de financiación propia.

Para sabelo imos a visualizar o seguinte vídeo e logo resolver a seguinte tarefa. 


Imos agora coa tarefa.
Adiante!


Nada máis por hoxe.

Unha gran aperta e atá maña!

Bea🌈

lunes, 4 de mayo de 2020

IIEE7_ As fontes de financiación da empresa


Bos días a todos!🌞

Hoxe comenzamos un novo tema e, para iso, imos a traballar primeiro sobre algúns conceptos básicos que debemos dominar: diferenciar financiación de inversión  e inversión de gasto.

Para iso propoñovos a visualización dos seguintes vídeos e a resposta ao seguinte cuestionario con tan só tres preguntas! :)




Perfecto! Agora vamos coas tres pequenas preguntas que vos agardan no seguinte link:


Nada máis por hoxe!

Unha aperta,
Bea.🌈


miércoles, 29 de abril de 2020

Resolución cuestionario SL, SA y Cooperativa.


Bos días a todos!!👋😄

Xa tedes colgado na nosa aula de Google Classroom a corrección do cuestionario sobre a forma xurídica das empresas: SL, SA e Cooperativas. 
Calquer dúbida estarei encantada de resolvela mediante o meu email (b.nieto.ou@gmail.com) ou en Google Classroom.

Unha aperta grande
Bea🌈

lunes, 27 de abril de 2020

Tarea final do Tema 6


Bos días a todos!👋😃


Hoxe chegamos ao final do tema 6, por iso imos a resolver as cuestións que vos presento no documento a seguir e que recollen o básico do tema.

Como vos digo dentro podedes resolvelas nun word/google docs. ou  copialas na libreta ou nunha folla en branco e enviarme unha fotografía ao meu email ou espazo adicado a esta tarefa na nosa aula de Google Classroom. 

É a tarefa final así que logo pasamos ao seguinte tema. 


Ánimo a todos, estades facéndoo xenial!

domingo, 26 de abril de 2020

Os trámites de posta en marcha dunha empresa


Bos días a todos!!👋😊


Hoxe imos co seguinte punto do tema 6: A creación dunha empresa.
Nesta ocasión imos a falar dos trámites necesarios para a posta en marcha dunha empresa. 

Podedes botarlle un ollo á páxina 94 do libro de texto, onde fai un magnífico resumo destos trámites e tamén complementar a explicación co vídeo que vos deixo a continuación, onde amplían un pouco este tema.


Logo teredes que resolver o seguinte cuestionario: 




Nesta ocasión a puntuación acadada no mesmo terédela automáticamente ao rematar o mesmo, así que fácedeo con tino! 😜


PD/ Veredes varias veces no cuestionario que non traducín "Hacienda" ao falar da Axencia Tributaria. Non o fixen para non levar a confusión porque en Galicia temos outro organismo de recadación autonómico que se chama Facenda.

Unha aperta,

Bea🌈

lunes, 20 de abril de 2020

SL, SA y Coop.

Buenos días a todos!!👋🌞

Os estaréis preguntando qué es lo que pone en el título de hoy, pues bien, son las siglas de Sociedad Limitada, Sociedad Anónima y la abreviatura de Cooperativa.
Hoy vamos a trabajar sobre las diferencias entre este tipo de  empresa, para ello os propongo que primero visualicemos los siguientes vídeos que nos servirán a modo de explicación sencillita.
En el primero vemos cuales son las diferencias entre una SL y una SA y en la segunda qué es una cooperativa (aunque tendremos que explicitar los requisitos para España con la información que acompaña nuestro libro). Podéis apoyar estas explicaciones si queréis con las páginas 89, 90, 91 y 92 de vuestro libro de texto.



Vamos entonces ahora con la propuesta de resolución de ejercicios de esta semana:


<iframe src="https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScChmnXzXZTimTxZy8wA6YuxMMQP5Ope1jolSkDXFFF-6UrJw/viewform?embedded=true" width="640" height="7330" frameborder="0" marginheight="0" marginwidth="0">Cargando…</iframe>

¡Seguid así!
Bea🌈

sábado, 18 de abril de 2020

Resolución exercicios Personalidade Xurídica/Física


Bos días a todos!👋

Aquí vos deixo a resolución dos exercicios que vos propuxen o outro día. Eran moi doadiños e a maioría de vós fixestelos estupendamente e as pequenas cousiñas que non estaban ben correxínvolas individualmente.
Tendes tamén toda a información na nosa aula virtual de Google Classroom e calquera dúbida que teñades non dubidedes en preguntarma.


Noraboa polo traballo que estades facendo e seguide así!

Unha aperta
Bea 🌈

martes, 14 de abril de 2020

El empresario individual y los tipos de personalidad




4ESO Tema 6 La creación de una empresa


Buenos días a todos!👋

Empezamos con el tema 6 de Iniciativa Emprendedora y Empresarial.

Este tema trabaja la constitución de las empresas y comienza distinguiendo entre lo que es una persona física y una persona jurídica. Además trabajaremos sobre lo que es un empresario individual y un autónomo. Vamos a leer las explicaciones de las página 87 y 88, visualizar los  vídeos de la siguiente entreada con unas explicaciones muy sencillitas  y resolver los supuestos que os adjunto en el siguiente documento. La fecha límite de entrega es el 18 de Abril, sábado.



https://docs.google.com/document/d/1JmneYbZM-gtV3EsxBnetlFVrcyWnyvRsSixTNQlBMik/edit?usp=sharing


PD/ Podéis consultar también toda la información en el aula virtual de la materia en Google Classroom.


Cualquier duda me la podéis platear por aquí o por mail. Estaré encantada de ayudaros. 

Un abrazo 🌈