Blog de Iniciativas Empresariais 4ºESO- Colexio Padre Feijoó-Zorelle

lunes, 25 de mayo de 2020

IIEE8_ Os impostos: O IAE e O IVE



Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe comezamos un novo tema. Iste será o último tema que imos a traballar e nel afondaremos nos diferentes tipos de impostos que temos que pagar como emprendedores.

Primeiramente temos que ver que é un imposto (aínda que estou segura que vós xa o sabedes!). Imos a deixalo claro con iste vídeo:


Como vemos no vídeo, hai impostos directos e indirectos e sobre iles imos a traballar esta semana.

Imos comezar vendo que é o Imposto de Actividades Económicas, do que xa falamos nos temas anteriores:



Como vedes, se a empresa cifra menos de 1.000.000 de euros o ano está exento do mesmo.

Imos agora ver que é o IVE, ou Imposto sobre Valor Engadido (IVA en castelán):


Ben, como afecta o IVE aos emprendedores?

No video explícanos moi ben como afecta a un autónomo, por exemplo a un panadeiro e vemos como, ademáis, a empresa ten que pagar ao Estado o importe correspondente ao IVE dos produtos ou servizos que venda. 
Este pago pode facerse mensual ou trimestralmente (os famosos trimestres). 

Como se calcula o IVE?

Para calcular o IVE dun produto temos que ter en conta a Base Impoñible e o tipo de IVE que lle aplica. Vemos iste vídeo cos diferentes tipos de IVE en España:


Ben, imos agora coa primeira tarefa deste tema:

a) Primeiro tendes que enviarme ao meu correo electrónico ou mediante o espazo destinado a mensaxes da aula de Google Classroom un esquema dos diferentes tipos de IVE que temos en España con algún exemplo dos produtos aos que afecta.
b) Imos a calcular o importe total a pagar dunha bicicleta na que a base impoñible é de 450 euros. Que tipo de IVE se lle aplica? a canto ascende o total a pagar (IVE incluido)?

Enviademe a resposta no espazo privado da tarefa en Google Classroom ou ao meu correo electrónico! 

Ánimo que xa queda pouquiño!

Unha aperta
Bea


No hay comentarios:

Publicar un comentario