Benvid@s ao recuncho onde todos os alumn@s de 4º ESO do Colexio Padre Feijoó de Ourense compartirán as súas andanzas no mundo das iniciativas emprendedoras!
Seguramente tod@s estades fartos de oír na casa aquelo de... "Eres un negociante...", ou "este rapaz sempre ten o As para matar o tres!", ou ó millor sodes máis de... "Veñaaaa, home xa! Doucho/Podes ir para que te cales!".
Pois ben, nesas todas ocasións, aínda que seguramente non forades conscientes delo, estabades a pór en práctica as vosas dotes de negociación, empregando nalgúns casos estratexias que xa quixeran para sí os millores comerciais ou amosando as vosas virtudes na fala para convencer aos vosos pais ou avós de que aquelo que vós diciades era o mellor...
En resumen que seguramente sodes tod@s uns "emprendedores domésticos"!
Nesta materia, da que xa levamos un trimestre recorrido, falaremos do que é emprender, das empresas e dos emprendedores pero tamén do traballo en equipo, das ideas e a creatividade, das responsabilidade da dirección e do liderazgo, da resolución de problemas e da toma de decisións.
Nestos últimos días de clase estivemos vendo conceptos básicos para poder manexarnos con comodidade na materia.
Vimos a organización e concentración empresarial (falamos dos holding, cartel e trust: tema do que Sonia nos deu unha Masterclass ben interesante).
Tamén vimos as diferencias entre una Sociedade Anónima e unha Limitada e, paralelamente, traballamos varios aspectos sobre as empresas, realizando varias Análises DAFO.
Aquí vai un esquema da Análise DAFO xunto con algunhas cuestións que se acostuman, ou se poden, tratar nos diferentes apartados:
Neste trimestre tamén estivemos vendo diferentes formas de evaluar ideas e, aínda que hai moitos métodos máis, de momento nós traballamos máis polo miúdo tres de eles:
1. Método Walt Disney
2. Método dos 8 Factores
1. ¿Podo comunicar a idea completamente e claramente? (0-20 puntos)
2. ¿Canto interés teño nesta idea? (0-20 puntos)
3. ¿Como de boa é a miña oportunidade para realizala? (0-20 puntos)
4. ¿En que medida se axusta en canto a súa temporalización? (0-5 puntos)
5. ¿Teño as habilidades para realizar a idea? (0-10 puntos)
6. ¿Podría aplicar as miñas fortalezas na realización da idea? (0-10 puntos)
7. ¿Esta idea ten boas ventaxas competitivas? (0-5 puntos)
8. ¿Como de diferente ou única é esta idea? (0-10 puntos)
2. ¿Canto interés teño nesta idea? (0-20 puntos)
3. ¿Como de boa é a miña oportunidade para realizala? (0-20 puntos)
4. ¿En que medida se axusta en canto a súa temporalización? (0-5 puntos)
5. ¿Teño as habilidades para realizar a idea? (0-10 puntos)
6. ¿Podría aplicar as miñas fortalezas na realización da idea? (0-10 puntos)
7. ¿Esta idea ten boas ventaxas competitivas? (0-5 puntos)
8. ¿Como de diferente ou única é esta idea? (0-10 puntos)
3. Método Map-it
- Establece o teu criterio de evaluación. Si tes problemas para encontrar unha boa lista, as oito preguntas da técnica de evaluación "oito factores" son bos puntos para empezar.
- Para cada idea, dibuxa un círculo grande nunha folla de papel.
- Trata de que cada idea coincida co teu criterio dividindo o círculo en seccións. Un para cada un dos criterios.
- Usa diferencias en tamaño, na cor ou no diseño para reflexar como de importante é cada aspecto dentro da idea no seu conxunto. Identifica cada parte cun símbolo ou unha frase corta.
- Estudia o mapa e pregúntate a ti mesm@: Hai algunha área que queira cambiar? Hai algo que me gustaría limitar, deixar caer ou eliminar? Hai algo que falte que debería incluír?
Por último comenzamos a traballar sobre conceptos básicos económicos e financieiros. Falamos do diñeiro e dos métodos de pago máis habituais, aprendendo a diferenciar os tipos de tarxeta máis usuais (de débito, crédito e comerciais) e os diferentes tipos de préstamo (persoal, hipotecario), así como da linguaxe específica de estos: intereses, comisións, euríbor, etc.
No seguinte trimestre seguiremos afondando neste campo e, por suposto, traballaremos novos contidos que de seguro vos gustarán!
Ata a próxima!!
Feliz Nadal a tod@s!
Young Entrepreneurs, Big Ideas!
Fonte Método Map-it: Thinkpak. Michael Michalko.
No hay comentarios:
Publicar un comentario