Blog de Iniciativas Empresariais 4ºESO- Colexio Padre Feijoó-Zorelle

miércoles, 27 de mayo de 2020

IIEE8_ O Imposto de Sociedade (IS)


Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a falar do Imposto de Sociedades ou IS. Este imposto sonaravos de que falaramos del cando estudamos os diferentes tipos de empresa.
Como sabedes o IS é o imposto directo que pagan as Sociedades Mercantiles (SL, SA, etc.) e que grava as súas rentas. O normal é pagalo anualmente pero pode pagarse trimestralmente. O IS varía dependendo dos beneficios que tivo a empresa o ano anterior. Vémolo neste vídeo:


No voso libro tedes ademáis un cadriño que resume perfectamente os diferentes tipos impositivos do IS e cando aplica cada un.

Imos agora coa tarefa que vos propoño:

a) Cal é o tipo impositivo aplicable para un emprendedor que quere crear unha nova empresa no seu primeiro ano de negocio? Que requisito debe cumprir?

b) Que tipo impositivo se lle aplica a unha fundación ou asociación declarada de interés público?

c) E a unha empresa que ten de base impoñible 80.000 euros?

Cando teñades as respostas enviademas no espazo privado desta tarefa en Google Classroom ou ao meu correo electrónico: b.nieto.ou@gmail.com

Nada máis por hoxe!

Unha aperta!

martes, 26 de mayo de 2020

IIEE8_ O IRPF


🌞 Bos días a todos!!🌞


Hoxe imos a falar sobre outro tipo de impostos do que xa oístedes falar noutros temas: o Imposto sobre a Renta das Personas Físicas ou IRPF.

Para comezar imos a ver este divertido vídeo onde nos fala sobre o que é o IRPF (e a declaración da renda):


Como vemos, o IRPF é un imposto directo e personal que grava os ingresos obtidos durante un ano natural. Este imposto pagámolo todos nos supostos que vemos no vídeo e tamén declaran así as súas ganancias os AUTÓNOMOS.

O IRPF ten carácter anual e progresivo, é dicir, canto máis gañas máis pagas. No caso dos autónomos, a cantidade que pagan depende do TIPO DE RÉXIME ao que se acollan:

- Estimación Obxectiva: esta vía só vale para algunhas actividades e, como norma xeral, non se poden superar os 300.000 euros no ano anterior.

- Estimación directa: canto máis ingreses, máis pagas. Existen algunhas bonificacións (que desgravan) para esta modalidade.

Nada máis por hoxe. Só unha preguntiña que require da vosa solución:

Que modalidade de IRPF sería a máis axeitada se queremos pagar en función dos ingresos que temos? Argumenta a túa resposta.

Cando teñas a resposta envíama ao meu correo electrónico ou no espazo privado da tarefa en Google Classroom.

Nada máis por hoxe!

Unha aperta!
Bea


lunes, 25 de mayo de 2020

IIEE8_ Os impostos: O IAE e O IVE



Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe comezamos un novo tema. Iste será o último tema que imos a traballar e nel afondaremos nos diferentes tipos de impostos que temos que pagar como emprendedores.

Primeiramente temos que ver que é un imposto (aínda que estou segura que vós xa o sabedes!). Imos a deixalo claro con iste vídeo:


Como vemos no vídeo, hai impostos directos e indirectos e sobre iles imos a traballar esta semana.

Imos comezar vendo que é o Imposto de Actividades Económicas, do que xa falamos nos temas anteriores:



Como vedes, se a empresa cifra menos de 1.000.000 de euros o ano está exento do mesmo.

Imos agora ver que é o IVE, ou Imposto sobre Valor Engadido (IVA en castelán):


Ben, como afecta o IVE aos emprendedores?

No video explícanos moi ben como afecta a un autónomo, por exemplo a un panadeiro e vemos como, ademáis, a empresa ten que pagar ao Estado o importe correspondente ao IVE dos produtos ou servizos que venda. 
Este pago pode facerse mensual ou trimestralmente (os famosos trimestres). 

Como se calcula o IVE?

Para calcular o IVE dun produto temos que ter en conta a Base Impoñible e o tipo de IVE que lle aplica. Vemos iste vídeo cos diferentes tipos de IVE en España:


Ben, imos agora coa primeira tarefa deste tema:

a) Primeiro tendes que enviarme ao meu correo electrónico ou mediante o espazo destinado a mensaxes da aula de Google Classroom un esquema dos diferentes tipos de IVE que temos en España con algún exemplo dos produtos aos que afecta.
b) Imos a calcular o importe total a pagar dunha bicicleta na que a base impoñible é de 450 euros. Que tipo de IVE se lle aplica? a canto ascende o total a pagar (IVE incluido)?

Enviademe a resposta no espazo privado da tarefa en Google Classroom ou ao meu correo electrónico! 

Ánimo que xa queda pouquiño!

Unha aperta
Bea


miércoles, 20 de mayo de 2020

IIEE7_ Repaso gamificado


Bos días a todos!!🌞🌞

Hoxe imos a afianzar un pouquiño máis os contidos e aprendizaxes que adquirimos neste tema, para iso, propóñovos dous pequenos xogos e que me envieedes as vosas puntuacións mediante Google Classroom (con unha foto da pantalla) ou ao meu email.
Imos alá:




Nada máis, 


Unha aperta enorme,
Bea.

martes, 19 de mayo de 2020

IIEE7_ Tarefa final de repaso



Bos días a todos!🌞

Hoxe imos a repasar os contidos que estudamos neste tema: a financiación da empresa.

Para iso imos a contestar este cuestionario con contidos de todo o tema.


<iframe src="https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScIv5HAyF4GYQGsEkefRqHTHoghdtpDnZNGcR937LWXzKVsiQ/viewform?embedded=true" width="640" height="7108" frameborder="0" marginheight="0" marginwidth="0">Cargando…</iframe>

Ata aquí por hoxe!

Unha aperta,
Bea.

lunes, 18 de mayo de 2020

IIEE7_ Financiación para emprendedores



Bos días a todos!🌞

Seguimos co tema 7, a financiación da empresa, e hoxe imos a ver que outros tipos de financiación para emprendedores existen.

Para iso imos a ver a diferenza que existe entre o crowdfunding (que seguro xa vos sona de diferentes campañas lanzadas a través de Internet), o playfunding, o crowdlending, crowdsourcing e o bussiness angel. Imos a ver uns pequenos vídeos que explican moi ben o que é cada cousa pero podedes empregar tamén o libro nas páxinas 106-107 se tedes algunha dúbida.

Neste primeiro video vemos a diferencia entre crowdfunding e o crowdlending nun minuto:



Neste video podemos ver que é o playfuding cun exemplo moi ilustrativo (en só un minuto):


Imos agora co crowdsourcing:


E por último o bussiness angel:



Unha vez que entendemos a diferenza entre estos tipos de financiación imos a resolver o seguinte cuestionario con só sete preguntiñas:


Ata aquí por hoxe,

Unha aperta,
Bea🌈



miércoles, 13 de mayo de 2020

IIEE_ Créditos e préstamos


Bos días a todos!!!

Hoxe imos a ver a diferencia entre un crédito e un préstamo. Para iso, primeiro imos a ver uns videos explicativos e/ou a información que vos deixo no enlace e logo resolver a tarefa que vos propoño.


 Dentro vídeos!





Aquí  o cuestionario:


Unha aperta!!
Bea